Agora

A primeira casa de turismo rural en Galicia Inaugurada en 1991 polo presidente da Xunta D. Manuel Fraga Iribarne

  • Pazo galego do século siglo XVIII

  • Casa Rural Torre Vilariño

  • Turismo rural de calidade

  • Na Ribeira Sacra

  • Comedor Interior

Casa de turismo rural

Convivindo cos vestixios do pasado, Torre Vilariño ofrece as máis axeitadas instalacións para o noso acomodo. Nove cuartos dobres con baño, tv, wifi, servizo de lavandaría, restaurante, bar-brasería, piscina, parque infantil, campo de fútbol, bicicletas, sen esquecernos dos tres acolledores comedores (un exterior e dous interiores), nos que poderemos degustar variados pratos da cociña rexional, dos que grande parte dos seus ingredientes completan o seu ciclo biolóxico na propia casa.

picture

Habitación aloxamento rural de calidade

Cuarto individual con baño, TV, teléfono, internet, lavandaría e opción de pensión completa, media ou só almorzo.


Ver máis
picture

Habitación casa rural con estilo

Cuarto dobre con baño, TV, teléfono, internet, lavandaría e opción de pensión completa, media ou só almorzo.


Ver máis
picture

Bar - Braseríaturismo Ribeira Sacra

Especialidade en carnes da Ribeira Sacra e variada adega de viños con D.O. Ribeira Sacra.


Ver máis

Pazo Torre Vilariño Leer máis

Nas belas paraxes das ribeiras do Miño, augas arriba do seu punto de encontro coas augas do río Sil, en plena Ribeira Sacra, encóntrase Torre Vilariño. Unha casa rural cuxa historia documental se remonta ao ano 1720, que hoxe se acha dedicada á casa de turismo rural.

Revívese así a tradición dunha antiga venda coñecida como A Carpanciña, que no mesmo soar, ofrecía repouso e boas viandas aos camiñantes da calzada medieval denominada, "Calzada dos Cregos", que unía Vilar de Ortelle con Diomondi.

Na actualidade, debidamente restaurada seguindo a tipoloxía tradicional da zona; ao chegar a Torre Vilariño encontrámonos cun antigo xardín poboado de numerosas especies vexetais destacando un buxo de mais de 700 anos, un hórreo, un cruceiro, diversos apeiros de labranza e obxectos de artesanía tradicional. Todo isto converte aTorre Vilariño nun pequeno museo etnográfico.

Turismo rural na Ribeira SacraLeer máis

A casa conta con 12 hectáreas de terreos propios para o desfrute dos seus clientes, onde poden observar diferentes especies animais como pavóns, faisáns, gansas e gozar do encontro coa natureza. Situada nas paraxes da Ribeira Sacra.